Que pode ou debe facer unha profesora cando unha alumna trata de introducirse na súa vida persoal? Que pode ou debe facer cando esa alumna precisa, dalgún xeito, o seu apoio fóra da aula?
» Principio de Incerteza » relata a historia de Lía, unha profesora de Ensino Secundario que terá que sobrepoñerse á súa propia timidez para axudar a unha alumna que atravesa por un terrible episodio na casa. Nesta viaxe emocional, Lía atoparase cara a cara co seu pasado, co seu futuro como nai e co dilema sempre aberto de ata que punto un docente debe ou non tomar parte na vida persoal dun alumno.
Esta historia -estruturada en nove capítulos arredor do Principio de Incerteza de Heisenberg- aborda en última instancia o tema do amor, da soidade e da importancia das relacións interpersoais como esencia final do ser humano.
¡Oferta!
Envío Inmediato PRINCIPIO DE INCERTEZA
El precio original era: 16,95 €.8,47 €El precio actual es: 8,47 €.
- Flete: Se cobrará un suplemento de 4 € en envíos inferiores a 49 €.
- Devolución y reembolso en un plazo de 30 días.
- Pago seguro mediante métodos de pago verificados.
Métodos de pago





