O home é un grande faisán no mundo publicouse en 1986. O título é un refrán romeno que traslada a imaxe da torpeza do faisán, impedido de voar verdadeiramente, á torpeza e desgracia do home. Balada da espera dunha familia alemna nacida no Bánát, durante a dictadura de Nicolae Ceaucescu que desexa emigrar a Alemaña, onde estaban as súas orixes, a espera contando os anos e os días para obter o pasaporte que os leve á terra prometida. A marcha vaise converter no devalar do relato na necesidade dunha fuxida.O lector ou lectora pode realizar unha boa travesía por esta fermosa novela, disposta en cadros pequeneiros de prosa poética que se van ensarillando uns nos outros e van mostrando a complicada urdime da vida dunha aldea de Romanía.Ferinte prosa poética, por esta paisaxe adversa e abafante, poboada por animais e vexetais que nos transmiten crenzas populares, que nos avisan daquilo que vén herdado dende hai moito tempo. Unha boa travesía a través deses seres que son como o faisán no mundo, sufridores dos golpes da vida, sobrevivintes coa violencia.
¡Oferta!
O home é un grande faisán no mundo Stock Limitado
El precio original era: 9,30 €.4,65 €El precio actual es: 4,65 €.
- Flete: Se cobrará un suplemento de 4 € en envíos inferiores a 49 €.
- Devolución y reembolso en un plazo de 30 días.
- Pago seguro mediante métodos de pago verificados.
Métodos de pago





