O feito de reunir nun mesmo volume estes catro relatos («A páxina en branco´´ de Karen Blixen; «O papel de parede amarelo´´, de Charlotte Perkins Gilman; e «O indulto´´ e «O encaixe roto´´, de Emilla Pardo Bazán) non é un feito arbitrario. A pesar da distinta procedencia das escritoras, danesa, americana e española, e incluso de época, teñen unha mesma liña ideolóxica. Charlotte Perkins e Emilia Pardo Bazán escriben na segunda metade do século XIX e primeira do XX. Karen Blixen comeza a escribir tarde, no ano 1931, ao seu regreso de Africa. A orde, neste volume, non corresponde coa cronoloxía da creación, Senón coa significación da propia historia. Parten dun feito clave: a perda da virxindade, da pureza, considerada como valor supremo das mulleres, para seguir co matrimonio que, unha vez perdida esa integridade persoal, condena as mulleres á dependencia, ao infantilismo, á perda da confianza en si mesmas e, no peor dos casos, á morte. Nestes relatos encontramos unha crítica común a esta institución e á condición social das mulleres. Baixo esta perspectiva ideolóxica reunín e traducín estas catro historias que son catro pequenas obras mestras, cunha profunda precisión psicolóxica, que confrontan a política sexual e a problemática do matrimonio. Son magníficos documentos feministas. María Xosé Queizán.
¡Oferta!
Oferta Flash Fenda, loucura e morte
El precio original era: 7,10 €.3,55 €El precio actual es: 3,55 €.
- Flete: Se cobrará un suplemento de 4 € en envíos inferiores a 49 €.
- Devolución y reembolso en un plazo de 30 días.
- Pago seguro mediante métodos de pago verificados.
Métodos de pago





