¡Oferta!

Silencio Económico

El precio original era: 6,85 €.El precio actual es: 3,42 €.

  • Flete: Se cobrará un suplemento de 4 € en envíos inferiores a 49 €.
  • Devolución y reembolso en un plazo de 30 días.
  • Pago seguro mediante métodos de pago verificados.

Métodos de pago

Métodos de pago aceptados
SKU: SK0181963 Categoría:

Cun estilo áxil, Fran Alonso constrúe en Silencio unha interesante trama que afonda na esquizofrenia do mundo urbano contemporáneo a través dunha situación límite. A partir dun entramado narrativo cheo de intriga e de paixón, un xornalista represaliado vai relatando as circunstancias nas que se ve envolto sen querelo.»Fran Alonso volve á narrativa coa contundencia da brevidade e eficacia dun estilo directo e preciso. Intigra e desacougo urbano. Estouno devorando: escribo en pleno acto (hai media hora que comecei o libro e non podo parar). O escritor galego, como moitos narradores sabios e humildes de todo o mundo, segue o legado de Kafka». (Antón Reixa).»Fran Alonso exorcizou os seus demos con esta viaxe ós infernos do desgabo, a indiferencia e a soidade do home moderno. Paseniñamente, coma nos bos contos de terror, asoláganos nese mundo estraño e arrepiante que xorde de súpeto tan só con rañar uns centímetros a costra da máis anodina cotianidade». (Xoán Acuña).»Para ensumirnos -e abraiarnos- neste aire de irracionalidade e esquizofrenia de Silencio abóndalle a Fran Alonso un retallo mínimo dun xornalista envolto nunha situación que el mesmo chega a sospeitar froito da súa imaxinación. (…) Basta deixarse levar polos ingredientes do medo e da intriga para que as prosas, deliberadamente escuetas, de Fran Alonso teñan sentido e un universo tan ricaz e enxeñoso tiren briosamente do lector». (F. Martínez Bouzas).